Raúl Espasandín será o novo responsable de innovación da asociación Castelo Deporte

0 comentarios
Impulsará unha nova metodoloxía de traballo que terá por obxectivo achegar un carácter innovador a cada unha das actividades que Castelo Deporte organice ao longo do ano. Yago Mosquera e Álvaro Pérez Becerra completarán o equipo de novas tecnoloxías.
Raúl Espasandín (1992), é estudante da enxeñería de Caminos, Canais e Portos na Universidade da Coruña, e leva tres anos colaborando coa asociación cullerdense en proxectos de innovación e aplicación de medios audiovisuais ás actividades organizadas pola entidade. A área de innovación será a terceira das coordinadas por Alberto Ferreño desde a secretaría xeral. A nova estrutura pretende facer máis efectivo o traballo en novas tecnoloxías.

Castelo Deporte prepara unha reestruturación do organigrama da asociación para a chegada de 2012

0 comentarios
A directiva que saia das eleccións deste xoves reformulará o cadro de responsabilidades na entidade. O cambio na área financeira coa chegada de María Pérez será a principal novidade

Xunta un pouco de tempo para ser feliz

0 comentarios
De parte de todos os que facemos posible o Castelo Deporte, desexámosvos unhas boas festas e unha mellor entrada no ano 2012 en boa compañías, tamén na nosa

















Castelo Deporte colabora na campaña de recollida de xoguetes organizada polo Concello de Culleredo

0 comentarios
A asociación dispuxo catro grupos de voluntarios durante unha semana para colaborar na limpeza, empaquetado e selección dos xoguetes que foron entregados ás familias con maiores dificultades económicas e sociais de Culleredo






















A segunda edición do Castelo Non Para será a primeira actividade de Castelo Deporte en 2012

0 comentarios
Celebrarase nunha das instalacións polideportivas cubertas do Concello de Culleredo a segunda fin de semana do mes de marzo. Javier Suárez, Sergio Sande, Brais Regueiro e Jacobo Torres, coñecidos deportistas da comarca, deseñarán e coordinarán o evento

Unha única candidatura participará o xoves 29 de decembro nas eleccións de Castelo Deporte

0 comentarios
Está formada por catro dos cinco membros da actual. María Pérez substitúe a Lorenzo Domínguez, que pasará a ser asesor na dirección xeral da asociación.

A Maratón de Culleredo posponse ata o outono para non perxudicar á carreira na Coruña do 15 de abril

0 comentarios
A organización da proba mantén a súa intención de facela cando o calendario o permita.
O 6 de maio celebrarase no seu lugar unha carreira pedestre nas parroquias de Rutis e O Burgo

O número de Castelo Deporte: 70.211

0 comentarios
Coa chegada do Nadal, a asociación Castelo Deporte retoma a tradición da lotería do 22 de decembro co número 70.211, á venda en participacións de dous euros a partir deste martes

Castelo Deporte prepara unha edición especial da súa revista trimestral para primeiros de decembro

0 comentarios
A publicación incluirá toda a información sobre as intencións da asociación para 2012, unha entrevista co presidente da entidade, o equipo de voluntarios para o novo ano ao completo, e a descrición pormenorizada de todas as actividades a realizar a partir do mes de febreiro. Baixo o titular 'Trenzando o futuro', a Revista Castelo Deporte publicarase por primeira vez a toda cor e terá unha maior presenza de contidos gráficos.
Por outra banda, Castelo Deporte pretende ofrecer a revista de balde en diferentes puntos. Ademais do Centro Social de Castelo e do bar Casa Rodríguez, a publicación poderá recollerse na Casa da Mocidade de Culleredo (O Burgo).
Esta iniciativa súmase á decisión da asociación de exteriorizar o seu traballo e favorecer a posibilidade de chegar a un público máis numeroso a través de establecementos colaboradores ao longo de toda a área de influencia de Culleredo.

Castelo Deporte presenta ao Concello de Culleredo o seu plan de actividades de cara ao ano 2012

0 comentarios
Nunha xuntanza que mantiveron este venres representantes da entidade con membros do goberno local, acordouse manter a colaboración mutua no próximo ano.

O Centro de Información á Muller de Culleredo organiza en Celas o I Encontro de Mulleres do Rural

0 comentarios
O programa do acto consta dunha breve conferencia, unha conversa entre tres mulleres do rural, e un pequeno recital poético amenizado por músicos do Conservatorio de Culleredo

Castelo Deporte 'uniformarase' en 2012

0 comentarios
A asociación pretende reducir o gasto corrente nas camisetas corporativas para cada un dos eventos coa elaboración dun uniforme válido para todas as actividades que organiza

A Xunta Directiva de Castelo Deporte proporá a María Pérez Muñoz como nova membro do órgano

0 comentarios
Castelo Deporte celebrará eleccións á Xunta Directiva a finais do mes de decembro. A candidatura do actual equipo de goberno da asociación proporá á coruñesa María Pérez Muñoz como nova tesoureira da entidade polo seu constante compromiso cos obxectivos da entidade e o seu incansable traballo nos últimos anos.
Pérez Muñoz terá como principal reto aplicar un orzamento austero co que Castelo Deporte pretende reducir a súa débeda no exercicio 2012 sen recortar a inversión en actividades e eventos. Dende mediados de novembro abrirase o prazo para presentar candidaturas aos comicios nos que a actual directiva pretende presentarse para continuar a labor dos últimos anos convertindo á entidade na máis activa de Culleredo.

A incorporación de dez novos membros amplía o equipo de Castelo Deporte ata os trinta integrantes

0 comentarios
A asociación reforza a presenza xuvenil no equipo de organización, que acada a maior participación da historia da entidade. Ningún dos membros ten máis de 22 anos.

O Burgo acolle o domingo 2 de outubro a I Ruta Aquama coa colaboración de Castelo Deporte

0 comentarios
O deporte sairá o domingo das instalacións de Acea da Ama para achegarse ata o Burgo na I Ruta Aquama, organizada polo propio complexo multideportivo cullerdense. Trátase da primeira edición dunha carreira pedrestre popular de 8.000 metros de lonxitude e na que poderán participar todos aqueles que o desexen.
Haberá categorías especiais para os máis novos, e na absoluta as inscricións serán de 5 euros, a rexistrar ata o xoves 29 de setembro a través da web de Aquama.
O equipo da asociación Castelo Deporte colaborará de xeito activo na organización da proba con diferentes voluntarios ao longo do percorrido, ofrecendo soporte ás tarefas loxísticas habituais deste tipo de probas deportivas.

INFORMACIÓN | Web de Aquama

Diferentes establecementos de Culleredo serán puntos de afiliación na asociación Castelo Deporte

0 comentarios
Os locais estarán identificados cun sinxelo adhesivo. A entidade pretende así achegar a todos os veciños de Culleredo e os concellos limítrofes a posibilidade de asociarse por 1 euro ao mes.

Rouban 753 euros en bebidas alcohólicas de Castelo Deporte nos vestiarios da polideportiva de Castelo

0 comentarios
O presidente da entidade, Álvaro J. Pérez Becerra, presentou este venres unha denuncia nas dependencias da Garda Civil de Culleredo e informou ao concelleiro de Deportes.

Castelo Deporte proponse recuperar unha casa usurpada aos veciños de Castelo hai décadas

0 comentarios
Inicia unha campaña, 'Recuperemos a Casa do Cura', coa que pretende chegar "ata onde sexa necesario" para devolver ao pobo o que nun tempo foi lugar de encontro entre os veciños.

O Castelo Deporte 2012 celebrarase no mes de xullo

0 comentarios
A decisión, acordada pola maioría da organización do evento, pretende relaxar unha semana que en 2012 será aínda máis intensa ao facerse cargo Castelo Deporte das festas da parroquia.

Castelo Deporte presentará esta semana catro solicitudes no rexistro do Concello de Culleredo

0 comentarios
Trátase de peticións de entrevista cos concelleiros de Medio Ambiente, de Cultura e co propio Alcalde, ademais dunha solicitude para o acondicionamento da polideportiva de Castelo.

Castelo, por moitos anos máis

0 comentarios
A Comisión de Festas e Castelo Deporte levan o nome da parroquia por toda a provincia con dez días de actividades e milleiros de persoas chegadas de toda Galicia. Nunha palabra: GRAZAS!

Remata a primeira fase do Torneo de Fútbol Sala con 14 equipos loitando polos 1.000 euros de premio

0 comentarios
Un ano máis, o Torneo de Fútbol Sala xa está en marcha. Desde o pasado o luns e durante case unha semana, máis de 50 afecionados ao fútbol compiten cada día na polideportiva de Castelo.

Éxito rotundo do Castelo Music Festival con máis de 500 asistentes e ambiente festivo nos concertos

0 comentarios
O Castelo Music Festival foi todo un éxito. Máis de 500 persoas asistiron aos concertos do sábado, entre os que destacou o de Skarallaos, que fixo bailar a maior parte do público.

Os cullerdenses Skarallaos liderarán a noite de festa e música o 20 de agosto na polideportiva de Castelo

0 comentarios
O cartel do Castelo Music Festival 2011 complétano as bandas galegas Glasgow e Sinestesia, xunto cos DJ's Farmer e Arxen, que pecharán unha das noites máis especiais do ano en Castelo

O Castelo Deporte 2011, a piques de completar todas as prazas dispoñibles para o torneo de fútbol

0 comentarios
A falta de máis de vinte días para o comezo do evento, quedan catro das dezaoito prazas dispostas pola organización. O evento bate todos os records por sexto ano consecutivo.

A directiva de Castelo Deporte reestrutúrase para mellorar o funcionamento diario da asociación

0 comentarios
Alba Taboada asumirá as relacións co Concello de Culleredo, mentres que Carlos Martínez encargarase do contacto con proveedores. Laura Castro será proposta para a área de socios.

Subcampións do I Encontro Deportivo de Comisións de Festas, celebrado este domingo no Burgo

0 comentarios
A asociación Castelo Deporte chega á final na súa primeira participación nun campionato. Almeiras gañou a primeira edición do encontro, na que participaron seis comisións de festas...


Castelo Deporte farase cargo das festas de Castelo no 2012 xunto con membros da actual comisión

0 comentarios
A decisión, tomada por consenso entre membros da Comisión de Festas de Castelo e a directiva de Castelo Deporte, ten como base fundamental manter as tradicionais festas da parroquia

O Castelo Deporte 2011, presentado en rolda de prensa coa presenza de todo o equipo da asociación

0 comentarios
A sede do Concello de Culleredo recibiu a todos os membros de Castelo Deporte para unha rolda de prensa na que o concelleiro de Deportes e Participación Cidadá quixo felicitar á entidade e dixo sentirse "orgulloso de colaborar cunha das entidades máis participativas e innovadoras de Culleredo". Alba Taboada e Álvaro J. Pérez Becerra presentaron o programa de actividades para este verán, "un evento que ten algo diferente porque quen ven repite".

Castelo Deporte prepara o lanzamento da súa programación de actividades para finais de agosto

0 comentarios
Este xoves dende as 17.30 da tarde en Tarrío, representantes de Castelo Deporte e do Concello de Culleredo avanzarán algunhas das actividades do proxecto en rolda de prensa


O I Encontro Deportivo Intercomisións de Festas de Culleredo, este domingo con Castelo Deporte

0 comentarios
A Asociación Santa María da O de Vilaboa e Castelo Deporte preparan unha xornada deportiva para unir ás comisións de festas e asociacións de Culleredo. Hai xa apuntados sete equipos.

Castelo Deporte reduce a súa débeda nun 30% logo do balance económico do primeiro semestre de 2011

0 comentarios
A entidade cullerdense relaciona unha boa primeira metade do 2011 a nivel económico nun contexto de crise económica co éxito do Descenso ao Xalo e da II Travesía do Xalo

Castelo Deporte presentará a primeira semana de xullo o programa de actividades para este verán

0 comentarios
Será nunha rolda de prensa aberta ao público para a que a asociación quere contar con representantes do Concello de Culleredo e de todas as entidades colaboradoras

A terceira edición do Castelo Music Festival, o sábado 20 de agosto na polideportiva de Castelo

0 comentarios
O evento contará con dous cabezas de cartel, un grupo novel e un deejay para toda unha noite de música na que Castelo Deporte aposta para esta edición por un festival de perfil baixo

Castelo Deporte convoca Asemblea Extraordinaria dirixida a todos os socios para o sábado 4 de xuño

0 comentarios
A Xunta Directiva quere aproveitar o momento político no Concello de Culleredo para ter preparado o proxecto de actividades do verán cando tome posesión a nova corporación

Declaración de Castelo Deporte sobre as eleccións municipais do vindeiro domingo 22 de maio

0 comentarios
Con motivo das eleccións municipais do domingo 22 de maio, que de xeito simultáneo en todos os concellos de Galicia proporcionarán aos cidadáns a posibilidade de elexir aos seus representantes públicos, a asociación Castelo Deporte, no seu papel de entidade social:

ANIMA a participar das eleccións. A escolla duns representantes políticos cun bo nivel de apoio garante ter institucións fortes coas que colaborar para facer posible a tarefa social, cultural e deportiva que unha entidade como a nosa pretende.

MANIFESTA a súa confianza nun sistema que, cos seus problemas e os seus defectos, é o único que ata hoxe amosouse efectivo. Lonxe da indiferencia que pode producir a política a nivel estatal, o domingo escóllense aos representantes nos nosos concellos, os que van decidir sobre o noso día a día, tamén sobre o día a día de entidades como a nosa.

GARANTE a súa máis absoluta posición de neutralidade política, principio que debe guiar a calquera entidade social, cultural e deportiva.


O Burgo acollerá este martes un acto en defensa da lingua galega convocado por Queremos Galego

0 comentarios
Todos os que se acheguen terán a oportunidade de ler un texto relacionado coa lingua e en galego, a iniciativa repetirase simultáneamente en máis de cincuenta municipios de Galicia

Castelo vólcase coa II Travesía do Xalo

0 comentarios
A proba acollerá este domingo na parroquia cullerdense a centos de afeccionados á montaña. Meteogalicia non pronostica precipitacións, aínda que as nubes cubrirán o ceo durante a mañá.

O atletismo galego de montaña volve ao Xalo

0 comentarios
Castelo Deporte recibe na parroquia cullerdense a máis de trescentos participantes na segunda edición da Travesía do Xalo procedentes de diferentes países europeos

Castelo Deporte é xa a entidade sen ánimo de lucro máis seguida en Twitter de Galicia segundo Updood

0 comentarios

Membros de Castelo Deporte asisten este sábado á final do maratón da asociación 'Santa María da O'

0 comentarios
O torneo, organizado pola entidade de Vilaboa por primeira vez e no colexio Isaac Díaz Pardo de Acea da Ma, conta coa participación de moitos dos equipos que habitualmente xogan nos campionatos que Castelo Deporte organiza a derradeira semana de agosto en Castelo

"Un éxito que non pode cambiarnos"

0 comentarios
O presidente da asociación Castelo Deporte, Álvaro J. Pérez Becerra, resume nun artigo a avaliación da entidade logo do 'Descenso ao Xalo' do pasado 17 de abril en Celas de Peiro

105 ANOS DE HISTORIA EN XOGO

0 comentarios
Para todos os que facemos ou intentamos facer deporte dende a base, para todos os que perdemos o noso tempo en tratar de que a deportividade sexa o valor máis grande sobre o que xogar un partido, para todos os que chegamos ao mundo aquí mesmo, o Depor é tanto como o maior e o mellor embaixador do que queremos seguir facendo. Agora, cando máis o necesitamos todos, o noso corazón é branco e azul.


Aclaración de Castelo Deporte sobre as informacións relativas á Asociación de Veciños de Castelo

0 comentarios

Todo preparado para o 'Castelo Non Para'

0 comentarios
O sorteo entre os equipos, celebrado no día de onte na Casa da Mocidade de O Burgo, deparou un All In - Abadías como primeiro encontro dos máis de trinta do vintecatro horas

Unha representación de Castelo Deporte viaxa este domingo ao 'Vigo Bike Contest'

0 comentarios
O obxectivo desta visita é coñecer de primeira man como se organiza un descenso de montaña de cara á actividade que a asociación ten programada para o vindeiro 17 de abril no monte Xalo.
A proba viguesa é unha das máis prestixiosas a nivel nacional e prolóngase ao longo de tres días. Varios membros de School Riders Team, o clube que colabora con Castelo Deporte na organización do 'Descenso ao Xalo', participan no descenso da cidade olívica.
Ao redor de trinta corredores están xa inscritos no descenso do Xalo a menos dun mes da primeira actividade deste tipo na comarca da Coruña.

Conta atrás para o Castelo Non Para

0 comentarios
O maratón deportivo de vintecatro horas quenta motores para a súa primeira edición, entre o 2 e o 3 de abril no polideportivo de Tarrío, en Culleredo, con doce equipos xa inscritos

Avanzan as inscricións para os tres eventos que Castelo Deporte organizará esta primavera

0 comentarios
A 'Travesía do Xalo' mantén a tendencia da primeira edición con xa máis de vinte inscritos en menos dunha semana. O 'Descenso ao Xalo', que Castelo Deporte organiza en colaboración co clube School Riders Team, ten xa máis de quince corredores anotados. O 'Castelo Non Para', a piques de chegar ao límite de doce equipos e pechar o proceso de xeito anticipado.

Comunicado da Xunta Directiva

9 comentarios
Castelo Deporte aclara a súa posición e as súas intencións para evitar especulacións sobre a problemática da entidade coa Asociación de Veciños de Castelo

A II Travesía do Xalo abre o proceso de inscrición

0 comentarios
Durante o mes de marzo terán un prezo reducido de 10 euros. Poden realizarse a través da web oficial do evento mediante un formulario online. As prazas son limitadas, a 200 tanto para carreira como para andaina, e a organización agarda repetir o éxito do pasado ano.

Castelo Deporte presenta a súa programación de actividades para 2011 cunha imaxe de renovación

0 comentarios
Coa estréa das webs da II Travesía do Xalo, o Castelo Non Para e o Descenso ao Xalo, a asociación cullerdense pon en marcha o seu plan de actividades para 2011 cunha campaña de captación de socios baixo o título 'MEDRANDO.COM'

O 'Castelo Non Para' abre inscricións na web

0 comentarios
Dende hoxe a ata o 20 de marzo os equipos interesados poderán inscribirse cubrindo o formulario que poden atopar na web oficial do evento en CASTELODEPORTE.ORG

O clube School Riders Team e Castelo Deporte programan o 'Descenso ao Xalo' para o 17 de abril

8 comentarios
Previsiblemente será a próxima semana cando a Federación Galega de Ciclismo reciba a solicitude para realizar a proba, que organizan conxuntamente o clube cullerdense coa asociación Castelo Deporte. Trátase dun descenso mountain bike con meta en Peiro de Arriba.

MEDRANDO.COM, novo proxecto de Castelo Deporte

0 comentarios
Trátase da campaña de captación de socios para 2011. Nunha web sinxela e clara, a asociación preséntase e traza as liñas básicas da súa filosofía e os seus obxectivos fundamentais. Castelo Deporte pretende triplicar o número de socios actuais a finais de ano.

Castelo Deporte pasa á acción e solicitará a afiliación na Asociación de Veciños de Castelo esta semana

2 comentarios
A directiva de Castelo Deporte acorda solicitar o ingreso na entidade veciñal de Castelo como persoa xurídica e logo da aprobación do seu órgano de goberno, segundo recollen os estatutos da organización, consultados por membros da asociación cultural e deportiva.

Ánimo Bichi!

0 comentarios
Todo o equipo de Castelo Deporte, en nome de todos os participantes e de todas aquelas persoas que durante estes anos colaboraron con nos en cada un dos eventos, queremos enviarlle a Brais Regueiro, xogador do Mera F.S. que esta fin de semana sufriu unha importante lesión, os nosos mellores desexos para unha rápida recuperación. Agardamos poder verte de novo sobre a pista de Castelo facendo o que mellor sabes facer en moi poucos meses. ¡Ánimo Bichi!

Brais Regueiro participa dende hai tres anos no campionato de fútbol sala que Castelo Deporte celebra a derradeira semana do mes de agosto, proclamándose campión do mesmo na última edición. Ademais, foi nomeado mellor xogador da Liga de Fútbol Culleredo Mocidade o pasado mes de xuño, e durante o pasado ano foi a imaxe da asociación na campaña de captación de socios 'Lévote no corazón'. Desde este ano xoga no Mera F.S.

Castelo Deporte recoloca o maratón de fútbol sala entre o sábado 2 e o domingo 3 de abril en Tarrío

0 comentarios
O primeiro obstáculo na organización dos eventos para 2011 xa provocou cambios nos planes de Castelo Deporte. A Xunta de Galicia colocou as probas de acceso aos ciclos superiores de Formación Profesional o 2 de abril, unha cita na que moitos dos participantes, e parte da organización do maratón estarían afectados de xeito directo.

A Asociación de Veciños de Castelo presenta importantes gastos irregulares aos socios

0 comentarios
A través dunha carta, convoca unha xuntanza para o sábado 29 de xaneiro, á que asistirán membros de Castelo Deporte para avaliar o índice de apoio ao colectivo veciñal da parroquia.