Impulsará unha nova metodoloxía de traballo que terá por obxectivo achegar un carácter innovador a cada unha das actividades que Castelo Deporte organice ao longo do ano. Yago Mosquera e Álvaro Pérez Becerra completarán o equipo de novas tecnoloxías.
Raúl Espasandín (1992), é estudante da enxeñería de Caminos, Canais e Portos na Universidade da Coruña, e leva tres anos colaborando coa asociación cullerdense en proxectos de innovación e aplicación de medios audiovisuais ás actividades organizadas pola entidade. A área de innovación será a terceira das coordinadas por Alberto Ferreño desde a secretaría xeral. A nova estrutura pretende facer máis efectivo o traballo en novas tecnoloxías.
A nova estrutura da asociación Castelo Deporte para o 2012 continúa a facerse pública. Como publicaba onte a web da entidade, Alberto Ferreño farase cargo nunha secretaría xeral de tres grandes áreas, a financeira (coordinada por María Pérez), a de comunicación (dirixida por Álvaro Pérez Becerra) e a de innovación, da que hoxe se coñece o nome do seu responsable. Será Raúl Espasandín Lacalle, membro do equipo da asociación desde hai varios anos, que será o encargado de poñer en práctica a nova estratexia de novas tecnoloxías que Castelo Deporte proxecta para o novo exercicio.
A proposta da nova directiva vai dirixida a incrementar o papel innovador da entidade en cada unha das súas actividades. Deste xeito, o equipo coordinado por Espasandín realizará unha avaliación previa a cada actividade propoñendo diferentes elementos relacionados coa innovación e as novas tecnoloxías, que postos en práctica o non, pasarán a formar parte dunha memoria anual que a asociación pretende desenvolver desde este ano. Estas fichas pasarán ao equipo organizador de cada actividade, que analizará as posibilidades para poñer en práctica as recomendacións do grupo de innovación en función do personal dispoñible, os medios técnicos e os orzamentos. De aplicarse, un dos membros da área será o encargado de coordinar coa organización do evento a posta en práctica.
Esta nova metodoloxía súmase ao traballo organizado por comisións nas áreas de cultura, deportes e mocidade, co que Castelo Deporte quere facer máis participativo e efectivo o seu traballo en cada unha das actividades que ten previsto organizar ao longo do ano.
Raúl Espasandín será o novo responsable de innovación da asociación Castelo Deporte
CASTELODEPORTE.ORG -
28.12.11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada