Xunta un pouco de tempo para ser feliz

De parte de todos os que facemos posible o Castelo Deporte, desexámosvos unhas boas festas e unha mellor entrada no ano 2012 en boa compañías, tamén na nosa

















Chega outro Nadal no que agradecervos un ano cheo de emocións, soños e boas sensacións. O noso lema para estas festas 'xunta un pouco de tempo para ser feliz', ten un significado evidente, pero ao mesmo tempo moi asociado ao que pensamos que ten que ser a nosa actividade social: se tanta xente, todos os que éramos no inicio e todos os que somos hoxe, podemos xuntar un pouco do noso tempo para dedicalo a Castelo Deporte, facémolo porque así somos felices.

Facendo xuntos unha aventura que semella non querer rematar, temos por obxectivo facervos felices tamén a vos. Polo momento, a disfrutar destas festas coa vosa xente. Bo Nadal ;)

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada