Co 75% dos votos favorables e ningún voto en contra, aínda que con unha reducida participación na asemblea de socios. Alberto Ferreño, Alba Taboada, Carlos Martínez e María Pérez completan a nova Xunta Directiva, que tomará posesión a próxima semana
Non houbo sorpresas e o equipo que leva dirixindo Castelo Deporte desde a súa fundación continuará dous anos máis na entidade deportiva e cultural máis activa de Culleredo. Os socios votaron o pasado xoves en Asemblea Extraordinaria convocada a tal efecto e dicidiron, cun 75% dos votos a favor e un 25% de votos en branco, que a directiva da asociación sexa de novo a da candidatura continuista.
O presidente electo, Álvaro Pérez Becerra, agradeceu na propia asemblea a confianza dos socios e manifestou a súa intención de promover unha asociación máis participativa e activa. Alberto Ferreño, Alba Taboada e Carlos Martínez continuarán na directiva, mentres que a coruñesa María Pérez substituirá a Lorenzo Domínguez na tesourería da entidade.
Pérez Becerra, en declaracións a Radio Culleredo, asegurou o venres que as liñas de actividade da asociación seguirán a ser as mesmas, e avanzou o plan de actividades de cara a 2012, no que como novidades destacou a celebración do tradicional campionato de fútbol sala en Castelo para o mes de xullo, ou mesmo a celebración dunha carreira polo Burgo e Vilaboa no mes de maio.
Ademais, e preguntado sobre os seus desexos para 2012, quixo facer referencia ao obxectivo último de Castelo Deporte, o de darlle á xente, especialmente á máis nova, algún motivo para nos tempos que corren ser un pouco máis feliz facendo cousas diferentes.
A candidatura de Álvaro Pérez Becerra gaña as eleccións e presidirá Castelo Deporte dous anos máis
CASTELODEPORTE.ORG -
3.1.12
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada